Para a elaborar o noso forno solar empregamos os recursos deseñados polo CIFP Someso (https://cifpsomeso.edu.es/category/bioconstrucion/). Así, coñecemos as características e funcionalidades das construcións sostibles e dos fornos solares.
Tras un debate e reflexión crítica sobre o emprego da enerxía, comezamos coa construción do noso forno solar.
Empezaremos por realizar a lista de materiais. Por tanto, teniendo en cuenta as dimensións do forno e das placas que exercen de reguladoras da temperatura calculamos a cantidade de cartón, papel de aluminio e metacrilato que necesitaremos.
Dividimos os cálculos por grupos, intercambiando os resultados para comprobar se estes son correctos. Como estes materiais son de uso común, en función das nosas posibilidades responsabilizámonos de traelos ao centro.
Cos cálculos e cos materiais xa listos elaboramos un plano das pezas necesarias coas súas medidas. Distribuímonos en grupos de tres e repartimos as pezas para empezar a construción.
Unha vez elaborado o forno, primeiramente, realizamos unha proba a nivel de grupo-clase, vendo a posición en relación ao sol, regulación da temperatura, como cociñar de forma saudable, entre outros.
E entón, xa está listo para formar parte do equipamento do centro e das súas múltiples actividades.
Pero, que receitas facer? Son múltiples as posibilidades e tamén os cálculos relacionados con elas: cantidades, prezos, etc.


Ningún comentario:
Publicar un comentario