Fagamos unha viaxe pola paisaxe, atréveste?
Deseñado para o 5º curso de Ed. Primaria para a área troncal de Ciencias da Natureza coa finalidade de amosar propostas de aprendizaxe significativas funcionais, motivadoras, reflexivas e criticas onde o alumnado sexa quen de aprender e desenvolver ao máximo as súas potencialidades.
luns, 5 de xullo de 2021
A pirámide dos alimentos
A alimentación equilibrada e o exercicio físico é fundamental, tanto para a nosa saúde física e mental como emocional. Día a día incluímos alimentos á pirámide.
domingo, 4 de xullo de 2021
Realidade aumentada: Body Planet
Páx. web de Body planet
Con esta camiseta podemos ver o interior do corpo humano, identificando aparellos, órganos e movementos.
Así, podemos aprender dunha forma diferente e próxima a realidade, pero tamén a gustos e intereses donoso alumnado.
Trivial da natureza
Construimos un forno solar
Para a elaborar o noso forno solar empregamos os recursos deseñados polo CIFP Someso (https://cifpsomeso.edu.es/category/bioconstrucion/). Así, coñecemos as características e funcionalidades das construcións sostibles e dos fornos solares.
Tras un debate e reflexión crítica sobre o emprego da enerxía, comezamos coa construción do noso forno solar.
Empezaremos por realizar a lista de materiais. Por tanto, teniendo en cuenta as dimensións do forno e das placas que exercen de reguladoras da temperatura calculamos a cantidade de cartón, papel de aluminio e metacrilato que necesitaremos.
Dividimos os cálculos por grupos, intercambiando os resultados para comprobar se estes son correctos. Como estes materiais son de uso común, en función das nosas posibilidades responsabilizámonos de traelos ao centro.
Cos cálculos e cos materiais xa listos elaboramos un plano das pezas necesarias coas súas medidas. Distribuímonos en grupos de tres e repartimos as pezas para empezar a construción.
Unha vez elaborado o forno, primeiramente, realizamos unha proba a nivel de grupo-clase, vendo a posición en relación ao sol, regulación da temperatura, como cociñar de forma saudable, entre outros.
E entón, xa está listo para formar parte do equipamento do centro e das súas múltiples actividades.
Pero, que receitas facer? Son múltiples as posibilidades e tamén os cálculos relacionados con elas: cantidades, prezos, etc.
Seis sombreiros para pensar...
Técnica de aprendizaxe colaborativa na que cada cor de sombreiro ten a súa función
-
Para a elaborar o noso forno solar empregamos os recursos deseñados polo CIFP Someso ( https://cifpsomeso.edu.es/category/bioconstrucion/ ...
-
A alimentación equilibrada e o exercicio físico é fundamental, tanto para a nosa saúde física e mental como emocional. Día a día incluímos ...
-
Técnica de aprendizaxe colaborativa na que cada cor de sombreiro ten a súa función












